Remata o prazo de presentación de candidaturas para o Consello de En Marea. O comité electoral da formación informa este sábado sobre as candidaturas presentadas e o desenvolvemento do proceso.

Remata o prazo de presentación de candidaturas para o Consello de En Marea. O comité electoral da formación informa este sábado sobre as candidaturas presentadas e o desenvolvemento do proceso.
A xestora federal do PSOE proporá este sábado a celebración do congreso do partido para o 17 e 18 de xuño. Adiantouno eldiario.es
Mar Barcón dimite como secretaria xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE na Coruña. Este xoves José Manuel Dapena, voceiro municipal, presentou a súa dimisión como portavoz. Segundo informou La Opinión, a concelleira Silvia Longueira estaría disposta a optar á portavocía se Mar Barcón non era candidata e o sector oficial optaba por José Manuel García ou Fito Ferreiro.
"Galicia, semente de nación agrogay". Pikara dedícalle unha reportaxe á cultura agrogay e ao festival que dende hai tres anos se celebra en Monterroso
As vítimas de Angrois serán recibidas pola Axencia Ferroviaria Europea o vindeiro día 25. Será a terceira xuntanza da Plataforma Víctimas Alvia 04155 e producirase ao día seguinte de interviren na comisión de peticións do Parlamento Europeo, na mesma semana en que vence o límite para que os peritos entreguen ao xulgado o seu informe sobre se Adif avaliou os riscos da liña.
Un accidente múltiple provoca un importante atasco na ponte de Rande en Vigo, en sentido Pontevedra
DOCUMENTO | Este é o bosquexo do acordo que o Goberno de España prevé aprobar coas autonomías que participen na Conferencia de Presidentes, entre as que se atopa Galicia, en materias como o bono social eléctrico, financiamento autonómico e lei de dependencia. Avánzao eldiario.es
O Celta enfrontarase ao Real Madrid nos cuartos de final da Copa do Rei. Así o vén de ditaminar o sorteo celebrado esta mañá.
O Hospital da Coruña foi o que máis transplantes de corazón realizou no Estado durante 2016, segundo o balance anual da ONT. O CHUAC lidera un ano máis os rexistros despois dun ano no que chegou a realizar dez transplantes en vinte e catro horas.
Activada a prealerta por seca en Galicia por mor das baixas precipitacións. A Xunta asegura, non obstante, que o abastecemento está garantido. Recólleo Faro de Vigo.