O Goberno central accede a negociar xa o traspaso das competencias de tráfico e seguridade vial a Navarra. Así o confirmou Pedro Sánchez nunha xuntanza coa presidenta desa comunidade, Uxue Barkos. O Parlamento galego aprobou en 2008 por unanimidade unha lei para que esas competencias chegasen a Galicia, o que suporía o despregamento da Policía galega. Foi tombada no Congreso en 2010.
