O bono español a dez anos volve superar o 7% e a prima de risco sitúase de novo por riba dos 550 puntos, coincidindo co inicio do cumio europeo.
Fálase
O prezo da vivenda nos Estados Unidos detén o seu descenso, despois de varios anos, e amosa signos de crecemento nos vindeiros meses, segundo The New York Times
Ferrolterra concentrouse onte na Praza de Armas en denuncia do asasinato de Iria García Bouza. Critican a ausencia de representantes do goberno municipal no acto de repulsa.
Os montes ourensáns sofren os primeiros lumes do verán. Arderon 20 hectáreas na Peroxa, Nogueira de Ramuín e Viana do Bolo, entre críticas dos brigadistas á redución dos operativos.
Finaliza a campaña electoral en México, cun masivo mitin (200 mil persoas ) de López Obrador na capital federal. Este domingo celébranse as eleccións, e aínda que o PRD foi recuperando posicións nos últimos meses, o candidato do PRI, Enrique Peña Nieto, é o favorito.
O blog masquemedicos explica cales son os medicamentos excluidos da Seguridade Social, o coñecido xa como medicamentazo e que foi anunciado onte polo Goberno.
As manchas de fuel en Asturias esténdense por sete kilómetros da costa próxima á central térmica de HC Energía, culpable do vertido, situada en Carreño
Os partidarios da independencia en Catalunya xa son maioría, segundo unha enquisa da Generalitat. O 51% dos cataláns votaría a favor de separarse de España.
O grupo ecoloxista Adenco felicítase pola decisión da empresa Engabiomasa de trasladar a planta de biomasa que tiña pensado instalar en Ribadetea para unha nova localización en Mondariz. Considera que é unha vitoria dos veciños e colectivos que se mobilizaron contra o proxecto e agora comezará unha campaña no novo emprazamento para alertar os veciños do impacto que tería a planta.