A ex-edil de Persoal de Xinzo e deputada provincial do PP atribúe os enchufes no Concello ao alcalde, que di que aprobaba as decisións sen lelas. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
O rei dirixirá unha mensaxe televisada sobre Catalunya ás 21:00 deste serán
O BNG denuncia ante a Fiscalía do Estado a Fundación Franco por un posible delito de odio polas declaracións nas que defendía a "grandeza" do ditador e do seu réxime fascista.
AUDIO | O chamado á "calma" de Jordi Basté, un dos xornalistas radiofónicos de máis sona en Catalunya, dende o seu programa de Rac 1. "Tranquilos todos, porque todos podemos falar deste país"
A compostelá Libraría de Mulleres Lila de Lilith gaña o I Premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade. O certame convócao a Deputación da Coruña.
O PSOE promove a reprobación de Sáenz de Santamaría no Congreso polas cargas do 1-O en Catalunya. Recólleo eldiario.es
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego. O xurado cualifica a obra do vigués como un “libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica”. Máis información, ao longo do día en Praza.gal
A conselleira Beatriz Mato pide ao alcalde da Coruña "que non traia á cidade o modelo separatista de Cataluña". Mato preside o PP local e perfílase como candidata á alcaldía en 2019. Xulio Ferreiro manifestou nos últimos días o seu rexeitamento á "represión" e pediu "diálogo" no conflito catalán.
O Goberno central anuncia medidas para garantir a permanencia de Policía e Garda Civil en hoteis cataláns. Mentres, no Congreso o PP forza o debate dunha iniciativa para apoiar a actuación policial contra o referendo do pasado domingo.
O voceiro do PP no Congreso ve "de corte nazi" a folga de hoxe en Catalunya, que tamén descualifica por "política". Rafael Hernando negou tamén durante unha entrevista en RNE que a cifra de 800 persoas feridas nas cargas policiais sexa certa.