O Goberno de España anuncia un límite de déficit máis alto para as autonomías dous días despois de fixar o obxectivo. Montoro faino en plena procura de apoios para o teito de gasto dos Orzamentos do Estado para 2018.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/595dd5c85cd45-4f26e42e0ff61-ruedadeprensamontoro.jpg)
O Goberno de España anuncia un límite de déficit máis alto para as autonomías dous días despois de fixar o obxectivo. Montoro faino en plena procura de apoios para o teito de gasto dos Orzamentos do Estado para 2018.
Sindicatos e patronal de autobuses denuncian que a Xunta desconvocou esta tarde unha xuntanza a tres bandas "con 20 minutos" de antelación. Na sexta xornada de folga as centrais sindicais advirten de que a "prepotencia do Goberno" cando comezaba a haber "avances" aboca o sector ao "caos" e as empresas censuran as "dúbidas e falsidades" da Consellería, que os volveu convocar para este xoves.
O PSdeG insta a Xunta a imitar "en toda Galicia" o proxecto de Ames con árbores autóctonas resistentes aos incendios . Leiceaga lanzou esta petición durante unha visita ao municipio, cuxo goberno local fomentou a plantación dun milleiro de exemplares de castiñeiros, carballos, sabugueiros ou oliveiras para previr a expansión do lume.
Caballero sobre Cataluña: “Os concellos non imos cooperar cun referendo manifestamente ilegal”. O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) tamén lamenta, tras participar nunha reunión da executiva federal do PSOE, que o Goberno non deixa que os concellos empreguen o seu superavit: “Temos 7.000 millóns de euros e queremos utilizalos en xerar emprego e levar a cabo políticas sociais”.
A Eurocámara aproba o acordo de cooperación con Cuba que pon fin á posición comunitaria impulsada polo Goberno de Aznar. Velaquí os detalles do relatorio que ao que Parlamento Europeo vén de dar luz verde por 567 a prol fronte a 65 en contra e 31 abstencións.
A folga dos buses vive este mércores a súa sexta xornada cun novo seguimento masivo. Sindicatos e Xunta dunha banda, e sindicatos e patronal doutra, avanzan en acordos por escrito pero a folga vén de ser ampliada a todos os días da semana a partir do próximo martes.
8 de cada 10 mozos non poden emanciparse por mor da precariedade e do encarecemento dos alugueiros, segundo os datos do Consejo de la Juventud, o que supón unha caída de cinco puntos na taxa de emancipación no último ano, que se sitúa a trinta puntos da media europea
O director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto suxire que deputacións e concellos non vixilan suficientemente o cumprimento da lei á hora de loitar contra o lume en casos, por exemplo, de plantación irregular. Esta semana a Xunta recoñeceu que ignora cantas parcelas agrícolas están a ser ocupadas ilegalmente con eucaliptos
Os traballadores do metal da Coruña apoian de forma unánime ampliar a folga. Este mércores haberá unha nova xornada de paro, co manifestación en Ferrol. CIG, CCOO e UGT convocan unha mobilización en Vigo para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial do metal
O Supremo confirma a sanción de 700.000 euros á promotora do concerto de Bruce Springsteen en 2009 en Santiago. A deficiente organización provocou que quedasen fóra do Monte do Gozo máis de 1.000 persoas e que moitas máis sufrisen avalanchas e tivesen dificultades para seguir o espectáculo.