8 de cada 10 mozos non poden emanciparse por mor da precariedade e do encarecemento dos alugueiros, segundo os datos do Consejo de la Juventud, o que supón unha caída de cinco puntos na taxa de emancipación no último ano, que se sitúa a trinta puntos da media europea
Fálase
O director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto suxire que deputacións e concellos non vixilan suficientemente o cumprimento da lei á hora de loitar contra o lume en casos, por exemplo, de plantación irregular. Esta semana a Xunta recoñeceu que ignora cantas parcelas agrícolas están a ser ocupadas ilegalmente con eucaliptos
Os traballadores do metal da Coruña apoian de forma unánime ampliar a folga. Este mércores haberá unha nova xornada de paro, co manifestación en Ferrol. CIG, CCOO e UGT convocan unha mobilización en Vigo para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial do metal
O Supremo confirma a sanción de 700.000 euros á promotora do concerto de Bruce Springsteen en 2009 en Santiago. A deficiente organización provocou que quedasen fóra do Monte do Gozo máis de 1.000 persoas e que moitas máis sufrisen avalanchas e tivesen dificultades para seguir o espectáculo.
Junts pel Sí e CUP presentan a proposición de lei para o referendo de autodeterminación de Catalunya. O texto, destacan, aposta por unha "ruptura democrática co réxime do 78". Catalunya Plural está a contar a presentación do texto.
A folga de buses estenderase a todos os días da semana a partir do xoves día 13. Así o veñen de decidir os condutores en asembleas celebradas este martes, na quinta xornada dos paros, nas principais estacións de autobuses. Máis información, aquí.
As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 9.973 en Galicia o pasado maio e quedaron en 189.665, o nivel máis baixo dende 2008. Son 17.655 menos que un ano antes. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social aumentou en 8.573 persoas no mesmo mes, o que implica un incremento de 21.949 a respecto do mesmo mes de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
O PP xustifica o seu veto a declarar o eucalipto "especie invasora" porque non existe "consenso científico", afirma o ourensán Miguel Viso en resposta á iniciativa defendida por En Marea. Recólleo eldiario.es
O Goberno de Portugal publica as principais comunicacións, documentos e auditorías oficiais do incendio de Pedrógão Grande. Pódense consultar e descargar na web do Executivo portugués.
Gerardo Conde Roa declara hoxe como investigado en Lugo polo presunto financiamento irregular do PP de Santiago. A declaración do ex-alcalde de Santiago foi adiada o pasado xuño porque reside en Alemaña.