Junts pel Sí e CUP presentan a proposición de lei para o referendo de autodeterminación de Catalunya. O texto, destacan, aposta por unha "ruptura democrática co réxime do 78". Catalunya Plural está a contar a presentación do texto.
Fálase
A folga de buses estenderase a todos os días da semana a partir do xoves día 13. Así o veñen de decidir os condutores en asembleas celebradas este martes, na quinta xornada dos paros, nas principais estacións de autobuses. Máis información, aquí.
As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 9.973 en Galicia o pasado maio e quedaron en 189.665, o nivel máis baixo dende 2008. Son 17.655 menos que un ano antes. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social aumentou en 8.573 persoas no mesmo mes, o que implica un incremento de 21.949 a respecto do mesmo mes de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
O PP xustifica o seu veto a declarar o eucalipto "especie invasora" porque non existe "consenso científico", afirma o ourensán Miguel Viso en resposta á iniciativa defendida por En Marea. Recólleo eldiario.es
O Goberno de Portugal publica as principais comunicacións, documentos e auditorías oficiais do incendio de Pedrógão Grande. Pódense consultar e descargar na web do Executivo portugués.
Gerardo Conde Roa declara hoxe como investigado en Lugo polo presunto financiamento irregular do PP de Santiago. A declaración do ex-alcalde de Santiago foi adiada o pasado xuño porque reside en Alemaña.
O DOG dá conta do recurso de inconstitucionalidade de En Marea contra a lei da Xunta para nomear 'a dedo' os letrados do Consello Consultivo.
Unha enquisa sinala unha suba de intención de voto ao PSOE tras a vitoria de Sánchez e outra, unha baixada. eldiario.es recolle ambos inquéritos.
A plataforma de vítimas do accidente do Alvia marchará entre a estación de tren de Compostela e a Praza do Obradoiro o vindeiro 24 de xullo, no cuarto aniversario da traxedia, demandando un ano máis "verdade e xustiza" e con máis esperanza en que se investiguen e xulguen as responsabilidades políticas do sinistro.
Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais nos últimos 5 anos. Carballo (Carballo), Montes (Cualedro), O Pereiro (A Mezquita) e Pontellas (O Porriño) encabezan a lista. Ames impulsa un programa para plantar un milleiro de castiñeiros, nogueiras, abrairas e cerdeiras como forma de loitar contra o lume