O único vogal de Novacaixagalicia que votou contra as prexubilacións millonarias, José Luis Regueiro, di que se ocultou a súa contía na xuntanza do Consello de Administración de nadal de 2010 que as aprobou. O representante de CC.OO. compareceu esta mañá na Audiencia Nacional e afirmou que despois da fusión das caixas galegas todo o mundo estaba "satisfeito" porque conservara os seus postos, e esta podería ser "a razón" pola que ningún conselleiro máis se opuxo á aprobación das medidas.
Fálase
Mangouras emociónase e rompe a chorar no xuízo ao lembrar as primeiras chamadas de socorro do Prestige e a situación de risco da tripulación. A vista suspéndese durante dez minutos.
Complícase o acordo entre Goberno e PSOE sobre desafiuzamentos. Os aspectos que máis separan as dúas partes son os relativos ao número de familias que entrarían no grupo de beneficiarios da paralización. E tampouco se puxeron de acordo sobre que ocorre cando pasen eses dous anos de moratoria.
El Diario decide, despois de consultar cos seus lectores, que este mércores informará exclusivamente da folga xeral "porque cremos que a mellor maneira de apoiar unha folga xeral é informando sobre ela"
Colectivos ecoloxistas portugueses din que o país veciño está igual de desprotexido que hai dez anos no caso de acontecer un accidente semellante ao do Prestige. No Diário de Notícias.
O Goberno e o PSOE continuarán este martes as negociacións para iniciar medidas que freen os desafiuzamentos. O luns a xuntanza finalizou sen acordo, aínda que dende Moncloa se insiste en que houbo "avances", algo que desmenten fontes socialistas. O Goberno resístese a una reforma completa da lei hipotecaria
Greenpeace desprega unha enorme pancarta no xuízo do Prestige e pregúntase "onde están os responsables" con fotografías de Rajoy, Álvare Cascos, Arsenio Fernández de Mesa, Jaume Matas e Arias Cañete.
O DOG publica este martes o decreto que regula por primeira vez os furanchos, que só poderán abrir tres meses ao ano e servir só cinco tapas.
Luz Casal recibirá este mércores un Grammy Latino honorífico á súa carreira nunha cerimonia que terá lugar en Las Vegas
La Información lembra que dende a primeira folga xeral que se convocou nesta crise, en setembro de 2010, o número de parados aumentou nun millón e medio de persoas, o que quere dicir que hai "unha maior bolsa de desencantados" pero que non significa "que o paro nas empresas vaia ser masivo"