Anova ironiza coa posibilidade de que a presidenta do Parlamento lles prohíba os deputados de AGE "que vaian ao baño acusándoos de terrorismo"
Fálase
O proxecto para cubrir a praza de touros das Ventas paralízase, de momento, despois do derrubo da cuberta esta madrugada. Polo de agora, gastáronse xa catro millóns de euros.
Navantia asegura que non se construirá o dique flotante en Ferrol. Véñeno de asegurar os directivos da compañía na comisión de seguimento que se está a celebrar entre protestas dos traballadores.
O presidente do Parlamento Europeo cre "vergonzosa e lamentable" a taxa de paro xuvenil de España. Asegura que reducir esas cifras debe ser a prioridade das políticas comunitarias.
Castellano quere vender Novagalicia este mesmo ano pero sen poxa. Pretende unha privatización aos investidores que cre que pode atraer para o proxecto, segundo conta El Confidencial.
A Plataforma das Artes Escénicas celebra unha asemblea aberta ás portas do Salón Teatro para debater a grave situación do sector
Besteiro presiona para que o congreso do PSdeG se celebre antes do verán. Apremia a Pachi Vázquez e di que apurar as datas "é o sentir maioritario do partido" “A interinidade non beneficia o PSOE nin a sociedade", aclara o presidente da Deputación de Lugo.
PSdeG, AGE e BNG anuncian unha "resposta conxunta, firme e contundente" se a presidenta do Parlamento non "rectifica" a decisión de prohibirlles aos grupos convidar a cidadanía aos plenos da Cámara. Máis información sobre a comparecencia conxunta e a resposta do PP, esta mañá en Praza.
Os mozos autónomos pagarán cotas de 50 euros durante os seis primeiros meses. Inclúese dentro dunha estratexia do Goberno contra o paro xuvenil.
As protestas veciñais provocan a suspensión do pleno do Concello de Vigo, que ía aprobar os orzamentos. Adiántao Faro de Vigo. Iimaxe de @galizacig.