25 citas para non perder o mellor do Entroido galego

Entroido en Vilariño de Conso © Turgalicia

Chegou o Entroido! Despois de varias semanas nas que varias localidades (sobre todo as situadas no triángulo máxico ourensán) veñen quentando motores, este venres comezan os días grandes desta celebración, que chegarán ata o martes e mesmo ata o mércores en moitas zonas de Galicia.

Venres

  • Xinzo de Limia: Desfile infantil
  • Verín: Venres de compadreo
  • Laza: Venres de Folión

Sábado

  • Verín: 'Bautizo do cigarrón' a partir das 17 horas. Os novos cigarróns serán investidos por primeira vez
  • Laza: Sabado de Cabritadas 
  • Vilariño de Conso: Desfile de Fulións e Festa do Cabrito
  • Vilardevós: É o día no que saen os 'chocalleiros' e os 'fachóns'
  • Manzaneda: Fuliada
Entroido en Viana do Bolo CC-BY-SA Aaron Fellmeth

Domingo

  • Verín: Gran desfile matinal
  • Ourense: Gran desfile pola tarde
  • Laza: Pola mañá, estrea dos Peliqueiros e pola tarde desfile de carrozas
  • Viana do Bolo: Domingo gordo, co desfile de Fulións, Boteiros e carrozas e coa celebración da Festa da Androlla.
  • Cualedro: O Zarramoncalleiros agardan á saída da misa ás persoas que acudiron á igrexa
  • Maceda: Os Felos percorren as vilas e aldeas da serra
  • A Mezquita: Desfile dos Galos
  • Entrimo: Desfile de Madamitas e Madamitos
  • Esgos: É o día en que saen os Felos e as Madamas

Luns

  • Laza: Luns borralleiro
  • A Pobra do Brollón: O luns ás 17 horas é o momento da saída do Oso de Salcedo

Martes

  • Xinzo de Limia: Gran desfile, a partir das 12 horas
  • Manzaneda: Desfile de Fulións, a partir das 11.30 horas
  • A Coruña: Martes choqueiro no barrio de Monte Alto
  • Compostela: Desfile de carrozas polas rúas da capital de Galicia
  • Chantada: Entroido Ribeirao, que tamén se celebra o domingo
  • Cobres (Vilaboa): Madamas e Galáns e Corrida do Galo
Desfile de cigarróns en Verín - Entroido CC-BY-SA Xindilo

Mércores

  • Enterros da sardiña en varias localidades. Destaca a celebración na propia cidade de Ourense, Ribadavia, Vilalba. Moaña, Vigo, Viveiro, Carballo...

Sábado

  • Pontevedra: Velorio do Ravachol. O Entroido aínda remata na Boa Vila uns días despois, con esta celebración que lembra o famoso papagaio finado en 1913
Madamas e galáns - Entroido en Cobres CC-BY-SA Carlos Magariños

Podes repasar aquí as varias ducias temáticas que nos últimos anos lle dedicamos ao Entroido: aos lugares nos que esta festa é a máis importante e singual, aos personaxes e protagonistas das celebracións e mesmo aos doces máis típicos destas datas:

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.