“Síntome un David Delfín na vontade”
“Ás veces nun deseñador tamén hai un tempo de silencio”, o modisto Gonzalo Vázquez, elixiu esta frase para colocar enriba da pasarela a súa nova colección primavera-verán. En concreto o nome da súa nova proposta creativa é “silencio” porque GV quere deixar atrás a linguaxe máis explícita e tamén barroca para empezar unha nova etapa na que os deseños sinxelos, as liñas puras e os espazos en branco ocupen protagonismo.