Entre o 20 e o 27 de setembro o planeta está a vivir unha mobilización global contra a emerxencia climática, que tivo xa unha xornada de grandes mobilizacións, o pasado venres, que terá a súa continuación o vindeiro venres 27. Nesa data están convocadas manifestacións nas sete cidades galegas, ademais de concentracións en varias vilas, impulsadas polo Movemento Galego polo Clima, que agrupa a máis de medio cento de entidades.
Porén, nos días previos tamén se están organizando actividades de todo tipo, dende charlas a obradoiros e debates, a cargo de distintos movementos sociais. Ademais, a comunidade educativa está a xogar un papel protagonista. Xa a pasada semana en varios centros de ensino o estudantado acudiu con mascaras de protección, en sinal de protesta ante as consecuencias do Cambio Climático.
O Movemento Galego polo Clima está conformado por Fridays For Future, Extinction Rebellion, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Adega, Verdegaia, Avante LGBT, MMM, CEMMA ou o Sindicato Labrego Galego, ademais de entidades locais coma a APDR, o Colectivo ecoloxista do Salnés, a Plataforma veciñal mina Touro- O Pino Non, a Asociación Petón do Lobo, entre outras. A pasada semana presentaron un manifesto que se pecha cunha serie de dez esixencias a Concellos, Xunta e Goberno central.
Vigo
Luns 23. 19 horas. Presentación das actividades (Praza do Paseo de Alfonso). Fridays for Future, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros e Vigo Histórico abrirán a semana cun acto de presentación que finalizará cunha Aperta Colectiva que unirá cunha cadea humana o Paseo Alfonso até a Porta do Sol.
Martes 24. 19 horas (Aula D. Rúa Elduayen nº 36). Palestras: “Alternativas ao capitalismo desde o rural”, a cargo de Celtia Traviesas. “Túnel no Casco Vello: peonalización mantendo a cultura do coche e dos ruídos”, a cargo de Vigo histórico e a AAVV do casco vello. “Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación.”, a cargo de ADEGA Vigo
Xoves 26. 19 horas (Cooperativa Árbore). Acto pola Soberanía Alimentaria organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, coa intervención de Isabel Vilalva Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. 20.30 horas. Paseo de Alfonso. Bicicleando polo Clima, organizada pola Masa Crítica de Vigo.
Venres 27. 11 horas. Concentración estundatil na Praza do Rei. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S. Dende Vía Norte á Porta do Sol.
A Coruña
Martes 24. Convocatoria para asistir a clase con máscaras de protección. 19 horas (Obelisco). Faladoiro: “Cómo consumir dun xeito mais responsable, local e sen envases”, coa colaboración de Zocamiñoca e O Recuncho do Granel.
Mércores 25. 19 horas (O Fiandón). Charla de Pablo Meira: Transición Ecolóxica, Mitigación e Prevención
Venres 27. 12 horas. Concentración ante os centros de ensino. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S, dende os Xardíns de Méndez Núñez.
Lugo
Luns 23. Facultade politécnica. Charla: 'O capitalismo non é verde'. Organiza: Erguer
Mércores 25. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Charla: 'Por que arde o monte e que facemos?'
Xoves 26. Salón de actos de Maxisterio. Charlas sobre 'O Cambio Climático dende un punto de vista científico'
Venres 27. 12 horas. Manifestación polo Clima. Saída dende a Praza Horta do Seminario. 20 horas. Concentración diante do Concello
Santiago de Compostela
Martes 24. 18.30 horas (Casa do Matadoiro). Palestra: 'A eucaliptización de Galicia', a cargo de ADEGA-Cousa de Raíces. 20 horas . Palestra Eco-feminista a cargo de Teresa Moure.
Mércores 25. 20 horas (Casa do Matadoiro). Bicicletada polo clima
Xoves 26. 19.00 horas (Casa do Matadoiro). Mesa redonda: "As caras do espolio", con ADEGA, Galiza un futuro sen Carbón e Plataforma Mina Touro-O Pino Non. 20 horas. Documental e coloquio: "Redes contra a política do espolio", con Xosé Bocixa.
Venres 27. 19.30 horas (Casa do Matadoiro). Manifestación polo Clima
Ourense
Venres 27. 20 horas. Concentración na Praza Maior
Pontevedra
Venres 27. 12 horas. Concentración fronte á Subdelegación do Goberno. 20 horas. Manifestación dende a Praza da Ferreiría ata a Peregrina.
Ferrol
Venres 27. 12 e 19.30 horas. Concentracións na Praza Amada García
Ribadeo
Venres 27. 20 horas. Concentración diante do Concello