A Xunta nega que incumprise nunha festa a normativa de protección de Corrubedo
Entidades como a SGHN denunciaran que unha celebración polo Día do Medio Ambiente incluíra megafonía ou actividades non permitidas no parque natural. O PSdeG-PSOE levou o asunto ao Parlamento a través dunha pregunta ao Goberno, que rexeita as acusacións.