Os incendios queiman máis de 700 hectáreas en Ourense no que vai de outono
Dous lumes, en Viana do Bolo e Lobios, foron declarados como Situación 2 por aproximarse a vivendas
Dous lumes, en Viana do Bolo e Lobios, foron declarados como Situación 2 por aproximarse a vivendas
ENTREVISTA | Francisco Xavier Redondo Abal vén de publicar Arelas de liberdade na Galiza (Laiovento), no que estuda os expedientes de 484 galegos xulgados entre 1964 e 1976 polo Tribunal de Orde Pública. Na obra, analiza o funcionamento do propio tribunal e, de forma detallada, os casos particulares dalgúns dos procesados.
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia destaca "o especial valor" da Casa Benedicto e demándalle ao Goberno local que promova a protección do inmoble.
ENTREVISTA | Falamos con Xoán Doldán, profesor titular de Economía Aplicada da USC e presidente de Véspera de Nada, sobre os efectos da Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais. Este venres está convocada unha concentración de protesta ante o Parlamento
O comité de empresa ampara a queixa dunha traballadora en prácticas que foi interrompida e cominada a omitir en directo o parágrafo no que informaba da afiliación ao Partido Popular dun presunto líder dunha célula xihadista
A ILP da Mesa para o dereito ao uso do galego no ámbito económico rexístrase con 28.000 apoios e dá inicio ao proceso que pretende rematar nun ano cunha nova lei que garanta "a información e atención" na lingua propia. Falamos con Marcos Maceira, presidente da entidade.
Veciñanza do concello máis afectado entrega 500 alegacións á iniciativa da empresa Cobre San Rafael á espera de máis recursos sobre a megamina prevista a poucos quilómetros de Compostela. Advirten do enorme "impacto" que terían as "drenaxes ácidas", ademais doutras consecuencias
ENTREVISTA | Falamos con Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, sobre o contido da norma e as consecuencias que pode ter para a xestión do territorio e o modelo produtivo. Advirte de que "se ao PP lle sae ben esta xogada, vai tentar repetir a fórmula: leis-autobús que minimizan a participación da cidadanía"
A moción foi aprobada co apoio de todos os grupos, agás do PP, que se abstivo. A iniciativa foi presentada no pleno municipal polo historiador Bernardo Maiz, que destaca que en Ferrolterra, Ortegal e Eume o réxime franquista asasinou unhas 900 persoas entre 1936 e 1975
A mostra Criminalización do pensamento, impulsada polo Colectivo Republicano, amosaba imaxes da actuación de antidisturbios nos anos 80 e na actualidade. A UFP, primeiro, e a propia Policía Nacional despois, protestaron ante o Concello, que de inmediato quitou as fotografías do Multiusos da vila. Falamos con Marcos Lareira, secretario da entidade organizadora
Unha vintena de entidades sociais traballa contra o reloxo buscando informar e mobilizar a sociedade ante a denominada Lei de Depredación de Galicia, que se votará o 17 de outubro no Parlamento. Falamos con Nela Abella (Contraminacción) e Margarida Prieto (SLG) sobre os efectos que terá esta norma.