Movementos sociais
CoLab e Cárcere: novos espazos e estruturas na Coruña para a produción de coñecemento
Están en marcha convocatorias para desenvolver proxectos ao abeiro do Laboratorio de Innovación Cidadá (CoLab) e para o desenvolvemento na antiga prisión provincial de iniciativas socioculturais e de recuperación da memoria histórica.
Enriba das lastras do Parrote aparecerá a praia
A Comisión Aberta en Defensa do Común convoca unha acción simbólica o 17 de xuño, convidando as persoas participantes a deitar unha presa de area no espazo que antes ocupaba a praia. Ademais, pídelle ao Concello realizar no lugar dúas catas arqueolóxica para visibilizar os restos que foron cubertos polo Hotel Finisterre a Solana.
Lanzan unha plataforma para financiar causas xudiciais "cun impacto social positivo"
SumJusty.org está impulsada pola avogada coruñesa Lidia García González, presidenta da Asociación Suma Justicia. O obxectivo é apoiar aquelas persoas e colectivos que non poden facer fronte aos gastos xerados por este tipo de procesos.
A Xunta defende unha Lei de Benestar Animal con luces e sombras e que esquece as touradas
O PSdeG-PSOE presentou unha emenda á totalidade a un proxecto de lei que, malia conter algúns avances con respecto á normativa de 1993 modificada en 2014, deixa fóra “os animais empregados en calquera espectáculo taurino, incluídos os encerros”. 12 protectoras tamén a rexeitan.
O bloqueo do PP ás iniciativas para recuperar o pazo de Meirás reactiva a presión cidadá
A CRMH convoca cidadanía e entidades a un grupo de traballo para "reactivar a demanda social" logo de que os populares volvesen rexeitar no Parlamento a devolución do inmoble á titularidade pública. "Foi unha frustración e a constatación de que a vía institucional está bloqueada", din.
A USC pretende cobrar polo acceso a informacións suxeitas á Lei de Transparencia
A CIG solicitou que a universidade fixese pública a actividade da súa empresa UNIXEST. Trala intervención da Valedora do Pobo, o Reitorado accedeu a entregar a documentación, mais esixindo o pagamento de 150 euros, a pesar que a normativa garante a gratuidade na comunicación destes datos.
"Durmín moi pouco. Creo que me quedan poucos días de vida"
O Vello Cárcere de Lugo acolleu un acto no que se leron as cartas escritas por sete condenados a morte tralo golpe de Estado de 1936. Na homenaxe, organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, participaron varios familiares dos represaliados
15 centros sociais galegos solidarízanse co CSOA Escárnio e Maldizer
Entidades de todo o país asinan un manifesto conxunto que denuncia "a política de persecución policial e mediática"
As críticas ao artigo homófobo obrigan o presidente dos empresarios de Sada a dimitir
Tamén dimitiu o tesoureiro da entidade e autor do texto, reprobado oficialmente polo Goberno municipal de Sada. Varios socios e socias da asociación presentaran a súa baixa ou manifestaran publicamente a súa incomodidade
Os sindicatos alertan de que o número de camas pechadas no Sergas será semellante ao de veráns anteriores
A CIG sinala que serán ao redor de 1.200 as instalacións que nos estarán dispoñibles nos hospitais durante o período estival e, ao igual que CC.OO, esíxelle ao SERGAS que funcionen con normalidade co obxectivo de reducir as listas de espera.
"Os permisos por nacemento intransferibles funcionan como acelerador dun cambio cultural"
ENTREVISTA | Carmen Castro analiza en Políticas para la igualdad (Catarata) o "efecto multiplicador" que a aplicación desta medida tería para acadar un reparto equilibrado das tarefas de coidados e para diluír a actual división sexual do traballo, impulsando unha mudanza no comportamento masculino