As denuncias por violencia de xénero crecen un 16% no último ano
No primeiro trimestre de 2017 presentáronse en Galicia un total de 1574 denuncias, fronte ás 1.355 do mesmo período do pasado ano. A cifra é a máis elevada da última década.
No primeiro trimestre de 2017 presentáronse en Galicia un total de 1574 denuncias, fronte ás 1.355 do mesmo período do pasado ano. A cifra é a máis elevada da última década.
A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia que os actos organizados polo Goberno galego o pasado 5 de xuño no complexo dunar incumpriron varios puntos da normativa que regula o espazo. Na festa houbo concertos, un xantar multitudinario e plantáronse árbores non axeitadas a este fráxil ecosistema
No servizo da Xunta non se convoca ningunha oferta pública de emprego dende o ano 2003. Os sindicatos denuncian que o Goberno galego incumpriu a promesa realizada o pasado mes de setembro, cando anunciou que o 20% das prazas deste ano serían para o SPDCIF.
A obra de Pallasos en Rebeldía, sobre un texto de Carlos Labraña gañador do Premio Manuel María, estréase este mércores no CEIP de Lourido de Poio e xirará por colexios doutros 10 concellos. Este martes 20 de xuño celébrase o Día Internacional das Persoas Refuxiadas
A Coruña, Compostela, Vigo, Vilagarcía, Lugo, Ames e O Grove acolleron actos en demanda dun incremento na dotación das políticas de loita contra a violencia de xénero ata acadar os 120 millóns de euros. Estes e outros concellos debaterán mocións no mesmo senso.
Dende o xoves e ata o domingo A Coruña acolleu as xornadas Acampa pola Paz, nas que activistas, expertos, xornalistas e refuxiados lle reclamaron ao Goberno central que responda aos seus compromisos de acollida adquiridos hai case dous anos e ata agora incumpridos
A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña para "previr as violaciósn en cita e as agresións por submisión química". Será distribuída nos festivais das Rías Baixas e no vindeiro curso estenderase aos centros de ensino
A xornalista interveu no Paraninfo da UDC nunha conferencia, parte das actividades de Acampa pola Paz, iniciativa que continuará ata o domingo na Coruña