"Queremos ter as mesmas posibilidades que os que van a colexios privados"
VIDEO | Unha representante da Anpa do CEIP de Calo realizou unha contundente e emocionante intervención no pleno municipal de Teo para denunciar a supresión dunha profesora no ciclo de Infantil. "Prímase o aforro, non a calidade do ensino", sinalou na defensa dunha moción finalmente aprobada