Mugardos insta os propietarios do Castelo da Palma a cumprir a lei e organizar un sistema de visitas
O anterior Goberno municipal, en mans do PP, asumía os gastos dun calendario de visitas públicas que é responsabilidade do grupo empresarial propietario da fortificación. O novo executivo local dirixiuse á Xunta para que faga cumprir a lexislación.