Movementos sociais
Demagoxia laranxa
Carmela Docampo
Destrúen a placa dedicada aos portugueses asasinados polo fascismo en Castrelo do Val en 1936
O monumento, que homenaxea tres traballadores lusos das obras de construción da liña ferroviaria e que foron fusilados polos partidarios do golpe de Estado, foi inaugurado en 2012. O grupo de investigación Histagra anuncia que será reposta e pide que este atentado non quede impune
As familias dos brigadistas mortos en Fornelos piden reabrir o caso
Concentráronse en Vigo para rexeitar a sentenza do TSXG que recoñece a responsabilidade da Xunta no falecemento dos dous traballadores en 2010 por eivas no dispositivo, pero que tamén sinala erros no comportamento dos dous homes. Persoal de SEAGA reclamou melloras nas súas condicións laborais
O narco Oubiña despreza as nais de Érguete e volve gabarse de financiar Alianza Popular
O narcotraficante, en liberdade condicional, desdeña o traballo do colectivo de axuda a persoas toxicómanas, acúsao de "manter o tema" para "coller subvencións" e "reta" o PP a que o "leve ao xulgado" para presentar "probas" de que o financiou
Só o PP rexeita opoñerse no Parlamento aos ventres de alugueiro
O BNG presentou unha proposición non de lei instando a Xunta a "oporse á legalización, regulamentación e banalización" da xestación subrogada. En Marea e PSdeG-PSOE votaron a favor e o PP en contra, demandando os populares unha "harmonización lexislativa" na UE.
A Xunta leva un ano incumprindo o seu compromiso de estabilización do persoal forestal
O decreto 19/2016 recollía a convocatoria de 188 prazas de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Unha manifestación esixirá este venres en Compostela que o Goberno anuncie unha oferta de emprego que palie a temporalidade que afecta ao 40% dos traballadores
A Xunta ignora as protestas e mantén o peche de dous colexios
A marcha da comunidade educativa do CPI Monte Caxado, dende As Pontes ata a Coruña, forza a Consellería a aceptar a apertura dun diálogo para tratar o futuro do centro. Porén, no Parlamento Román Rodríguez reafírmase na conveniencia dos traslados anunciados. Video da manifestación no interior
Sorrisos transformadores: un chamado creativo polos dereitos das persoas transexuais
A realizadora Noemí Chantada presenta o documental sobre a realidade cotiá das persoas transexuais en Galicia, elaborado coa colaboración da Deputación de Pontevedra e de colectivos LGTBI coa reclamación dunha lei de identidade como pano de fondo
A costa galega é a menos protexida de todo o Estado
Un informe de Greenpeace destaca que tan só o 3,1% do litoral pontevedrés, o 3,3% do lucense e o 9,1% do coruñés conta con figuras de protección. As provincias galegas ocupan tres dos últimos seis postos na lista. O estudo tamén revela que Lugo é a cuarta que máis incrementou a súa ocupación dende 1987.
O politicamente correto
Susana Sanches Arins
Pobreza crónica: récord de cartos para atender a renda de inclusión mentres medra a economía
A Xunta suma 4 millóns máis ao orzamento da Risga para 2017, que acumula no que vai de ano un desequilibrio de 5,5 millóns a respecto da previsión inicial e supera por primeira vez os 60 millóns. O número de persoas que a reciben aumentou case un 11% no último ano