Movementos sociais
A Mariña, Salnés e Lemos inician a mobilización contra a supresión das súas áreas sanitarias
Profesionais, entidades sociais e concellos destas tres comarcas denuncian que a medida anunciada pola Xunta en pleno mes de agosto é un paso máis no desmantelamento e centralización de servizos. O Barco de Valdeorras tamén está afectado por esta decisión.
O novo curso escolar trae máis docentes sen destino definitivo e máis itinerancias
CIG-Ensino denuncia que o catálogo de postos de traballo decidido pola Consellaría implica que o 18% dos mestres e mestras terán que impartir docencia en máis dun centro. O sindicato denuncia, ademais, amortizacións encubertas en Educación Infantil
"Queremos que se mobilice a inmensa maioría de galegos e galegas que están contra as touradas"
ENTREVISTA | O vindeiro sábado ás 20 horas unha manifestación protestará en Pontevedra contra a feira taurina, a única que se celebra en Galicia. A marcha, apoiada por máis dun cento de entidades, está convocada por Touradas fóra de Pontevedra. Falamos cun dos seus voceiros, Borxa González
Pontevedra foi a provincia do Estado con máis manifestacións prohibidas en 2016
O pasado ano a Subdelegación do Goberno non autorizou 299 marchas, un número superior ao de Madrid, Sevilla ou Valencia. Pontevedra incrementou notablemente o número de protestas, que descendeu moito na Coruña e Lugo. Diminúen as manifestacións convocadas por sindicatos e partidos
O número de violacións duplicouse no primeiro semestre do ano en Galicia
De xaneiro a xuño 26 mulleres sufriron unha agresión sexual con penetración, fronte ás 12 do mesmo periodo de 2016. Tamén crece o resto de delitos contra a liberdade sexual
Explotación laboral en Médicos Sen Fronteiras
Praza Pública
Unhas 1.800 hectáreas arderon en Galicia desde o pasado xoves
O grande incedio de Verín quedou controlado este domingo pola mañá e xa queimou unhas 1.400 hectáres, que se unen ás 250 ardidas en Pantón ou ás 70 arrasadas en Laza
O que si e o que non vai conseguir este Pacto
Ángela Rodríguez Martínez (Pam)
O primeiro gran incendio do verán arrasa máis de 1.400 hectáreas en Verín
CON VÍDEO | O incendio "intencionado" iniciado o xoves na parroquia verinesa de Vilamaior obrigou a cortar a A-52 e mais a N-525 e derivou en situación 2 pola súa proximidade a zonas habitadas, aínda que non houbo desaloxos. Foron arrasados montes de "gran riqueza forestal"
A Xustiza anula a licenza municipal da canteira de Cosmos na Cova de Eirós
O xulgado atende o recurso da asociación O Iribio contra o Concello e anula o permiso municipal para a explotación do terreo achegado ao principal expoñente da Historia Paleolítica de Galicia
"As pallasas tentamos que os nenos non deixen de ser nenos no hospital"
ENTREVISTA | Laura Mandarina Muñoz, que leva dez anos traballando como pallasa de hospital, impartirá un dos obradoiros formativos do Festiclown 2017, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 9 ao 15 de agosto.