O tren Ferrol-Ribadeo prosegue a súa decadencia, a pesar das promesas de melloras
Mantéñense os atrasos, as avarías e a ausencia de interventores, que implica que RENFE non contabiliza unha boa parte dos e das usuarias da liña. A Plataforma pola defensa do ferrocarril esixe que se reúna a comisión de seguimento, coa participación de Xunta e concellos.