En Marea pide no Congreso a anulación do Consello de Guerra a Alexandre Bóveda
Miguel Anxo Fernán Vello presentou dúas proposicións non de lei e unha pregunta por escrito. Lembra que a Lei da Memoria Histórica contempla no seu artigo 3 a “declaración de ilexitimidade” das condenas.