O número de suicidios volveu aumentar en 2016 en Galicia: case 1 por día
A Xunta presentará esta semana o seu Plan de Prevención do Suicidio, un documento de análise e actuacións que o Movemento Galego de Saúde Mental leva anos reclamando para tratar un problema con cifras de mortes que sitúan Galicia moi por riba da media do Estado.