Movementos sociais
"Eu decido, ti respectas": contra as agresións sexuais, tamén nas festas do verán
A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña para "previr as violaciósn en cita e as agresións por submisión química". Será distribuída nos festivais das Rías Baixas e no vindeiro curso estenderase aos centros de ensino
Olga Rodríguez critica a "equidistancia" dos medios ante a situación dos refuxiados
A xornalista interveu no Paraninfo da UDC nunha conferencia, parte das actividades de Acampa pola Paz, iniciativa que continuará ata o domingo na Coruña
Medio Rural: Seguimos sen cobrar
Óscar Antón Pérez García
O plan urxente de Renfe para mellorar o tren do norte galego falla ao primeiro día
Unha das dúas máquinas recuperadas avaríase un día despois de incorporarse ao traxecto Ferrol-Ribadeo, que nesta semana sufriu numerosas cancelacións malia as medidas inmediatas da empresa e as promesas aos alcaldes. "Só é un tren pintoresco para turismo sen présa", denuncia o rexedor de Ribadeo
Okupas do medio da Algalia
Henrique Pérez Lijó
Os debates de En Marea sobre os ventres de alugueiro conclúen cun rexeitamento total
O documento, aprobado de forma unánime polos e polas participantes nos encontros, sinala que legalizar esta práctica sería "como regularizar a mercantilización do corpo da muller", alerta dos intereses privados que fomentan a xestación subrogada e dos prexuízos para as mulleres pobres.
Afectados da hepatite cren que os novos testemuños ratifican decisións "políticas" sobre o tratamento
A Xunta considera, pola contra, que a declaración deste mércores das xefas de Farmacia amosa o "correcto proceder" dos dous cargos do Sergas imputados. A instrución do caso amplíase outros 18 meses ao considerarse que a investigación aínda está "nos inicios"
A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas denuncia a "hipocrisía" do PP no Parlamento
A plataforma, que agrupa unhas 70 entidades, concentrarase este mércores ante a cámara, criticando que os populares rexeitasen demandarlle ao Goberno central que cumpra cos seus compromisos de acollemento despois que afirmar previamente que si apoiarían a iniciativa.
A lista de espera da dependencia estáncanse en niveis de 2014 malia ao récord de prestacións
O freo de tres anos e medio na atención a dependentes imposto polo Goberno de España segue a lastrar o sistema en Galicia. Se a Xunta cumpre a promesa de chegar ás 60.000 persoas atendidas a agarda quedaría nunhas 5.000
A queima dun estaleiro tradicional moañés pon o foco no desleixo sobre o patrimonio
A carpintería de ribeira Casqueiro sofre un incendio intecionado logo doutros ataques e tras ameazas dun colectivo que avoga por construír un paseo e derrubar construcións protexidas. A alcaldesa cualifícao de "atentado terrorista" e advirte da "sementeira de odio" fomentada por "unha minoría"
O Colexio de Xornalistas condena as "trabas policiais" á prensa na manifestación do 'Escárnio e Maldizer'
Denuncia "continuos impedimentos", como solicitudes de identificación, agresións con porras, peticións de borrado de fotografías, ameazas de sancións. O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, defende a actuación policial e asegura que había 200 "profesionais" da manifestación de fóra de Galicia