Movementos sociais
O pleno da Coruña esíxelle ao Porto que paralice a privatización da Solana
Foron aprobadas as mocións da Marea Atlántica (que incluíu a petición de cese do presidente do ente), PSdeG-PSOE (que reclamou que o Estado compense a débeda do organismo) e do BNG (que pediu a devolución gratuita á cidade deste espazo e o do Hotel Finisterre).
"O Goberno ten que poñer os medios para que haxa unha boa convivencia co lobo"
Falamos con Joan Alibés, do grupo O-Xan, constituído en 2015 por gandeiros, conservacionistas, cazadores e investigadores galegos e galegas como espazo de debate para facer compatible a presenza do lobo e as actividades produtivas no rural. Denuncia os atrasos no pagamento de compensacións polos ataques
Brigadistas de tres meses: precariedade contra o lume e desprotección todo o ano
Os 436 membros do servizo contra incendios público denuncian a situación dun persoal laboral fixo descontinuo, limitado a traballar só no verán malia as eivas na prevención. Reclaman contratos de nove meses e reforzar os labores no inverno, que suporía un gasto extra de 4,2 millóns á Xunta.
Denuncian ante a Fiscalía a construción dun campo de tiro nunha fraga na Laracha
O Comité de Defensa das Rías Altas alerta de que no lugar, proximo ao río Anllóns, foron taladas árbores centenarias. Critica, igualmente, o perigo que ao seu xuízo pode supoñer a actividade para as persoas que circulen pola estrada anexa ao espazo.
Tres detidos en Galicia por violencia de xénero nos primeiros días do ano
Foron arrestados en Pontevedra, Vigo e A Coruña por presuntamente agredir as súas parellas ou ex-parella en presenza dos fillos.
Dúas persoas pobres. Unha es ti
Raquel Rivas Cabanelas
A Asemblea de Coia explicará a súa loita en toda Galicia, "tecendo redes de defensa"
A xira, que comeza este domingo 8 en Ponferrada e rematará o sábado 14 en Vigo tras pasar por Ferrol, Ourense, Baiona, Nigrán e Pontevedra, busca sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores, acusado de agredir un policía nunha carga de antidisturbios
A Autoridade Portuaria da Coruña recibe carbón por "vender a cidade"
O colectivo #VéndeseCidade levou a cabo unha acción de protesta ante a sede do ente, ao que acusan de pretender que a cidadanía "pague as súas chapuzas". Estenden as críticas ao PP, "o único que defende a especulación na Solana". Vídeo no interior
A Comisión en Defensa do Común propón modificar o PXOM para evitar a privatización da Solana
Presentoulles aos catro grupos municipais unha moción, que se debaterá no pleno do vindeiro luns, na que pide que a Administración Central do Estado devolva gratuitamente os terreos ao Concello da Coruña
"É inxenuo pensar que a crise económica freou a especulación urbanística"
ENTREVISTA O vigués Juan Rodríguez, afincado en Granada dende hai doce anos, é un dos coordinadores do libro colectivo Cartografía de la Ciudad Capitalista, que analiza os procesos de transformación urbana de nove cidades do Estado español.
O sexo dos católicos
Laureano Araujo