Movementos sociais
Outra investigación procura unha solución "biolóxica" contra a avespa velutina
Deputación da Coruña e USC asinan un convenio para investigar novas alternativas contra unha praga que segue a espallarse por Galicia. Buscará parásitos de avespas e abellas galegas que afecten a velutina sen prexudicar insectos autóctonos.
Friol teima en organizar unha nova batida de lobo tralo fracaso da primeira
ADEGA e outras catro entidades ambientalistas pídenlle á Xunta que denegue o permiso para esta actuación e defenden un conxunto de medidas para a xestión e conservación da poboación deste animal nos montes galegos
Polo dereito a unha vida digna
Marta Díaz Marcos
Os incendios 'desestacionalízanse' en Galicia: catro ao día no que vai de ano
A escasa chuvia, as altas temperaturas e as xeadas que secan a vexetación provocan unha importante vaga de incendios desde decembro, sobre todo en Ourense, e xusto cando menos medios hai no monte para a extinción e a prevención: máis de 1.000 traballadores da Xunta menos ca no verán.
Unha inmobiliaria de Burgos rexistra 15 hectáreas de terreos de orixe comunal en Ribeira
A empresa presentou unha demanda xudicial contra o Concello, que sinala a propiedade municipal dos predios. A Marea defende o carácter público deste espazo ante a manobra de privatización pero acusa o Goberno local de ter actuado con "desidia" nos últimos anos.
Repulsa en Galicia polo primeiro asasinato machista do ano
Unha veciña do Carballiño foi acoitelada polo seu marido, xa detido como presunto autor dos feitos. O Parlamento, varios concellos e o movemento feminista convocan concentracións de rexeitamento desta nova agresión de xénero con resultado de morte.
A lei deixará de discriminar os pais que queiran poñer aos fillos o apelido materno primeiro
A entrada en vigor en xuño da reforma da lei do Rexistro Civil deixará sen efecto o regulamento que lexitima a prevalencia do apelido do varón. Agora, antepoñer o apelido da muller require a autorización de ambos proxenitores, algo que non ocorre co do home.
Ser periferia na túa cidade: De Teis ao Álvaro Cunqueiro, unha hora de autobuses
A Asociación de Veciños deste populoso barrio vigués leva mobilizándose dende setembro en demanda dunha conexión directa co novo hospital. Na actualidade os seus 30 mil habitantes están obrigados a facer un transbordo para chegar á instalación.
O Estado accede a negociar coa Coruña a xestión pública dos terreos portuarios
A poxa dos terreos da Solana e do Finisterre queda suspendida "mentres haxa negociacións" tras a xuntanza do alcalde co presidente de Portos do Estado, que acepta buscar alternativas "desde a iniciativa pública" para os terreos que quedarán liberados coa posta en marcha de punta Lagosteira.
Women’s March, vitoria ou instrumentalización do feminismo?
Xandra Martínez
Cre que vive nun Estado laico? Pois lea a Puente Ojea
Laureano Araujo