Movementos sociais
O Sergas prevé un incremento da "intensidade" da gripe entre acusacións de "colapso" hospitalario
O 061 rexistra unhas 400 chamadas semanais ligadas á gripe e prevé un incremento da intensidade do virus na vindeira semana. Feijóo insta a poboación a "utilizar os servizos públicos antes da gripe para non ter que usalos durante a gripe"
Aumenta o número de peóns, ciclistas e motociclistas vítimas de accidentes de tráfico
Aínda que a cifra de persoas falecidas se mantivo estable en 2015 en Galicia, a cantidade de peóns feridos e feridas incrementouse un 50% e tamén creceu moito a de condutores e condutoras de vehículos de dúas rodas
"Antes remaban 100 persoas e agora, cun motor, só teñen que remar 50. Que facemos co resto?"
ENTREVISTA Rudy Gnutti presenta este venres en Vigo o documental In the same boat, no que economistas de prestixio e outras voces, como Zygmunt Bauman ou José Mujica, reflexionan sobre os efectos do progreso tecnolóxico no emprego e a necesidade de ensaiar alternativas que repartan a riqueza
A finca do Maxi: umha pontualizaçom e várias perguntas
Ramiro Vidal Alvarinho
A crónica (politicamente) incorrecta de Molares do Val
Sara Torreiro
De novo fun maltratada
Marta Rodríguez Engroba
A loita polos dereitos da muller dunha condutora de autobús vira nun calvario laboral
A CIG pide penas de cárcere para empresarios de Autobuses de Calo por "acoso laboral e violencia de xénero" contra Nélida Pisco, que sofre un tormento desde que en 2009 defendese o dereito a ser nai e non ser despedida. A última artimaña da compañía fai que a DXT lle impida conducir.
Vilagarcía lembrou o xuíz Luis Pando Rivero no 80 aniversario do seu asasinato
No acto, organizado pola Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica, participou Baltasar Garzón. O maxistrado, nacido en Asturias, foi executado en decembro de 1936, despois de exercer durante catro anos na vila
O Colexio de Xornalistas ve "inaceptable culpabilizar as vítimas da violencia machista" nos medios
O CPXG apela á "responsabilidade" tras a publicación en medios galegos dun artigo que fai responsables as vítimas de agresións de xénero da violencia que sofren
As vítimas de Angrois afrontan unha semana clave nos xulgados e na Eurocámara
O xuíz dá aos peritos ata o 27 de xaneiro para entregar o seu "informe consensuado" sobre se Adif avaliou os riscos da curva de Angrois. O día 24 as vítimas comparecen ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo
O crego condenado por apropiación indebida Benigno Moure, homenaxeado
Presidente de honor da Fundación San Rosendo, dará nome a un programa de bolsas da entidade. Entre 1998 e 2001 quitoulle 600.000 euros a unha muller con alzheimer ingresada nun dos seus xeriátricos. Foi condenado a cinco anos de cadea, pero só pasou dous meses en prisión, recibindo o apoio do PP e da Diocese de Ourense