Movementos sociais
Feijóo reitera que non cesará os cargos imputados pola hepatite: "Cumpriron co seu traballo"
O presidente da Xunta cre que o auto que amplía a investigación dos dous responsables do Sergas a un suposto delito de homicidio vai "en beneficio" deles e aclara que non lle produce "ningunha preocupación, ao contrario". Insiste, ademais, na inocencia de ambos.
"Os grupos hexemónicos na Coruña queren establecer un novo límite entre o privado e o público"
ENTREVISTA Xosé Lois Martínez, coordinador do Grupo de Urbanismo da UDC, alerta de que a privatización da Solana "é só o primeiro paso" nun proceso de "depredación" do litoral da cidade, que incumpre a "visión culta" que tradicionalmente tivera a burguesía local á hora de deseñar estes espazos.
O Supremo libra a Vidal Armadores da súa última gran causa por pesca ilegal
Ditamina falta de xurisdición dos tribunais para poder xulgar un delito que non é tal en augas internacionais e que era investigado pola Audiencia Nacional. É o último dos procesos contra o conglomerado, cuxos barcos foron detidos once veces e que recibiu sete condenas por faenar ilegalmente.
E agora, sem direito a voto
Ramiro Vidal Alvarinho
Mulleres borradas
Laureano Araujo
O Constitucional impide que unha moza galega con discapacidade intelectual poida votar
Avala negar o voto ás persoas con discapacidade intelectual ao non admitir a trámite o recurso dunha parella para que se lle restablecese o dereito á filla. A Fiscalía, a familia e un voto particular do TC reprochan que non debatese sobre un veto que vulneraría a Constitución e un mandato da ONU.
30 comarcas terán tres veces máis maiores de 65 que menores de 20 no 2031
As proxeccións realizadas polo INE e o IGE prevén que todas, agás Santiago e A Coruña, perdan poboación. 16 reducirían os seus habitantes en, cando menos, un 20%. Mapas interactivos no interior
A RAG proporá un novo modelo a prol do galego no ensino tras a fin da vía xudicial contra o decreto
A Academia abordará unha "reflexión" da que xorda unha proposta "alternativa" que lle "dea unha volta" á polémica norma e na que se garantan as obrigas da Carta Europea das Linguas e un maior reforzo da lingua: "É posible un modelo flexible que non sexa rexeitado plenamente por ninguén".
Remata un ano máis
Eva Solla
O Concello de Ponte Caldelas decide pechar o seu Centro de Información para a Muller
O Goberno local optou por non renovar as dúas traballadoras, alegando o excesivo custe dos seus contratos para as arcas municipais, a pesar de que o financiamento é autonómico. ASOCIM denuncia os retrocesos que se están producindo nas estruturas de loita contra a violencia de xénero
Galicia non logrará compensar con inmigración a perda de poboación pola baixa natalidade
As últimas proxeccións de poboación do IGE auguran As proxeccións indican que en 2030 Galicia perderá uns 20.000 habitantes pola diferenza entre nacementos e mortes e gañará arredor de 3.000 pola vía migratoria