Movementos sociais
A formación en Down Galicia: o primeiro paso cara ao emprego
A Fundación Down Galicia e as súas entidades membros traballan no desenvolvemento das capacidades das persoas usuarias para a súa posterior inserción laboral e/ou a mellora da súa empregabilidade. Un vídeo amósanos algunha das metodoloxías empregadas.
Esaxeradas, histéricas, feminazis e San Fermíns
Sara Torreiro
O Sergas négase a debater a sentenza que penaliza a sucesión de contratos temporais
A Consellaría non aceptou incluír na xuntanza na mesa sectorial as propostas dos sindicatos para realizar unha comvocatoria de prazas que remate coa actual situación de temporalidade
A compra da Rosaleda consolida o auxe dos grandes grupos da sanidade privada en Galicia
HM, que hai dous anos adquiriu na Coruña dous centros (Modelo e Belén) confirma o seu desembarco, que se une á importante presenza de Quirón ou Vithas. Os centros privados suman o 26% das camas e o 32% do gasto sanitario galego.
Nace 'O Papagaio', xornal para nenos e nenas de primaria e secundaria
En galego, edítase en papel, ten periodicidade mensual e 12 páxinas. Inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. Está aberto á participación dos centros de ensino.
Semente busca financiamento para abrir unha escola en Lugo
O grupo de persoas que busca abrir a primeiro centro de Semente no concello conseguiu xa a cesión de uso da antiga escola rural de Barbaín e busca agora recadar entre 6 mil e 9 mil euros para completar a súa rehabilitación e apertura.
"Fálalle galego". A lingua no ensino infantil, protagonista da Revista Galega de Educación
O número monográfico foi presentado este mércores na Coruña e inclúe unha ducia de traballos de sociolingüístas e outros expertos e expertas que analizan a actual situación, proxectos e experiencias en marcha e perspectivas de futuro.
Adiado o xuízo contra as persoas procesadas pola ocupación da Sala Yago
A vista queda aprazada ata o 13 de marzo do vindeiro ano, debido á renuncia dunha das avogadas defensoras. Medio cento de persoas concentráronse ante os xulgados
O vertedoiro proxectado en Lousame prevé acumular 700 mil toneladas de residuos en 10 anos
Atópase en exposición pública o proxecto para construír na localidade un centro de tratamento de residuos industriais, que sumaría 77.000 toneladas de lixo non recuperado cada ano. Vén de constituírse unha plataforma local contraria á instalación
"A educación social permite ter unha escola máis aberta á súa contorna"
Esta fin de semana celebrouse en Ourense o I Congreso Internacional de Educación Social na Escola, organizado por Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Falamos con Mariló Candedo.
A Fiscalía achega "esperanza" a un dos últimos acusados polas protestas contra a rotonda de Coia
Unha concentración este mércores amosará a "solidariedade" con Diego Lores, ao que a acusación pide tres anos e medio de cadea e máis de 30.000 euros de indemnización por suposta agreción a un axente. O Ministerio Fiscal contradí esa versión e pide arquivar o caso por falta de probas.