Movementos sociais
Condenado o Sergas por arriscar a vida dunha paciente que mandou a abortar a Madrid
Un xulgado de Lugo condena a Administración a pagar 270.000 euros tras non practicar un aborto dun feto inviable na semana 32 e obrigar a muller a viaxar a Madrid. "Alongouse innecesariamente o seu embarazo, púxose en perigo a súa vida e perdeu a oportunidade de ser nai", di o xuíz.
A calamidade abátese sobre Haití
María Xosé Queizán
As rendas sociais municipais, aposta das mareas para levar a iniciativa política
Dende hai uns días xa se poden solicitar na Coruña e Compostela as rendas municipais, unha das medidas centrais para dar solución á situación de emerxencia social que viven moitas persoas nas dúas cidades. Falamos con Silvia Cameán e Concha Fernández, as concelleiras responsables da súa posta en marcha.
Nace o Colectivo Feminista de Pontevedra, baixo o lema “unidas, diversas e combativas”
Cinco asociacións e máis de 30 mulleres a título individual integran a agrupación, presentada este sábado
O retroceso do galego na infancia, en 11 gráficos
O último número da Revista Galega de Educación céntrase no ensino infantil. Os datos achegado polo IGE en 2013 renovaron as voces de alarma pola moi negativa situación da lingua galega na mocidade e a súa rápida substitución polo castelán en moitos ámbitos.
As sete cidades galegas mobilizáronse contra o TTIP e o CETA
A maior parte das marchas, convocadas no marco dunha xornada internacional de protesta contra estes tratados comerciais, tiveron lugar baixo a chuvia.
O achado das antigas murallas na Maestranza consolida o carácter público do espazo
As prospeccións arqueolóxicas que está a realizar Defensa confirmaron a existencia dos restos do antigo sistema defensivo da Coruña. O Concello negociará co Ministerio a recuperación das parcelas
O TSXG confirma a ilegalidade das obras no proxecto hoteleiro do Castelo de Monterrei
O tribunal anula definitivamente a licenza que o Concello aprobou para reformar o monumento e convertelo nun Parador. A normativa permite unha edificación máxima de 300 metros cadrados e neste caso autorizáronse dous mil
Oito de cada dez pensionistas por viuvez en Galicia están por baixo do limiar da pobreza
A Rede Galega contra a Pobreza acredita que unhas 132.000 persoas "sobreviven" no país "con ingresos inferiores a 332 euros mensuais". Máis do 60% do total de pensións galegas están por baixo do limiar da pobreza.
Os incendios fan de 2016 o segundo peor ano no monte galego dende a gran vaga de 2006
Este ano arderon xa arredor de 22.000 hectáreas, un balance peor que o dos últimos anos pero moito máis favorable que os de décadas anteriores, cando adoitaban arder de 30.000 a 40.000 hectáreas
A Xunta tramita unha planta de biomasa en Curtis que quintuplica a potencia permitida
A instalación promovida por Renova Generación acadaría os 50MW, mentres que a normativa galega de 2008 fixa o límite en 10MW. A iniciativa, tramitada polo Goberno galego, atópase en exposición pública. ADEGA e FEG presentaron alegacións a un plan que empregría cultivos enerxéticos.