Povisa volve á carga no seu intento de captar pacientes (e cartos) da sanidade pública
O hospital privado inicia unha nova campaña para tentar que dous mil usuarios e usuarias do Álvaro Cunqueiro utilicen os seus servizos. Busca recibir un millón de euros máis do Sergas, en virtude do concerto polo que o centro obtén 540 euros anuais por cada tarxeta sanitaria xestionada.