Movementos sociais
Un ano de protestas no Hospital Álvaro Cunqueiro
Pablo Vaamonde
Semana de avances para a Lei de Memoria Histórica, con tarefas aínda pendentes en Galicia
A Coruña e Lugo deron nos últimos días importantes pasos adiante. Pero Ribeira, Vigo, Ferrol, Celanova, Coirós ou Beade, entre outras localidades, teñen aínda símbolos ou rúas que homenaxean os responsables da Guerra Civil e da ditadura.
O STEG dá a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua
O Museo do Pobo Galego acolle este sábado as primeiras Xornadas de Innovación Educativa: Palavrar a lingua, que incluén contidos específicos sobre as Irmandades da Fala e un obradoiro de lusofonía
Un recoñecemento “aos campesiños, obreiros, estafetas e enlaces que apoiaron a guerrilla"
Camilo de Dios recibiu este venres na Coruña a distinción como Republicano de Honra 2016 coa que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica quixo render homenaxe ao conxunto do Movemento Guerrilleiro Galego
Pídenlle á Xunta que declare a caducidade das concesións mineiras da Terra Chá
A empresa norueguesa Erimsa ten tres concesións aprobadas dende o ano 2006 para extraer seixo en 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto. Porén, en 2013 a xustiza paralizou os proxectos de explotación.
“O poder da clase corporativa permite falar dun novo feudalismo e dun novo absolutismo”
O economista Xabier Pérez Davila escribe Alén da casta. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI, que vén de editar Laiovento.
As mans 'non tan limpas' que perseguiron a Nunca Máis
A UDEF detivo o máximo dirixente da entidade, Miguel Bernad, acusado de extorsionar -xunto con Ausbanc- a persoas e organizacións para retirar denuncias presentadas conta elas. En 2003 demandou a plataforma social galega por estafa e apropiación indebida, unha querela arquivada en 2006
O Congreso pide acelerar a construción da autovía da Ribeira Sacra
PP, PSOE e Ciudadanos votan a favor da continuidade dun proxecto criticado polo prexuízo que pode provocar no medio e nas opcións de que a zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Terá un custe de 1.221 millóns de euros e escaso tráfico
"Galicia precisa dun modelo territorial de aquí a 10, 20, 30 ou máis anos vista"
ENTREVISTA Falamos con Xoán Paredes, xeógrafo especializado no ordenamento territorial, crítico coa falta de planificación no proxecto de fusión Cerdedo-Cotobade e que reclama unha acción decidida da Xunta para impulsar unha planificación territorial estratéxica para as vindeiras décadas.
Profesionais da saúde mental instan a non actuar pola forza contra persoas sen fogar
A Asociación Galega de Saúde Mental retruca aos comerciantes composteláns que instan a ingresar "contra a súa vontade" a dúas persoas sen teito que, atendidas por Cáritas e Cruz Vermella a través do Concello, adoitan estar nunha céntrica rúa.
Ti decides por onde debe pasar o bus urbano en Lugo
O Concello vén de presentar a iniciativa Móvete por Lugo, a través da cal a cidadanía poderá participar no deseño do novo mapa de liñas da cidade