O futuro de Reganosa, en mans do Goberno en funcións
O Ministerio de Industria debe concederlle no prazo máximo de dous meses unha nova autorización á regasificadora ou paralizar a súa actividade. En Marea levará o tema ao Congreso nas vindeiras semanas, nas que se espera que o Supremo anule tamén o proxecto de construción da planta.