Pontevedra queda como o "último reduto" das touradas en Galicia
A capital do Lérez é a única localidade galega que ten garantida a celebración de corridas de touros neste ano e sede da única praza no país logo de que A Coruña e Sarria suprimisen os apoios municipais. Galicia Mellor sen Touradas fai balance e xa albisca a abolición destes festexos en Galicia.