Movementos sociais
"Os mariñeiros de Gaza son algunhas das vítimas preferidas por Israel"
O pesqueiro Marianne de Gothenburg, que abre unha nova frota da liberdade, fai parada esta fin de semana en Bueu, onde unha gala solidaria lembrará o quinto aniversario do ataque israelí ao Mavi Marmara, que acabou coa vida de nove activistas. Falamos con Elvira Souto (BDS-Galiza)
A reposición da rúa Antón Villar Ponte na Coruña
Xurxo Martínez González
Illa Pancha: Outro espazo público reconvertido para o lucro privado
O Consello de Ministros aprobou a pasada semana a construción dun hotel nas instalacións do antigo faro deste enclave próximo a Ribadeo. Moitas voces alertan da posible degradación dun espazo "único".
Sarria pode quedar, ao igual que A Coruña, liberada de touradas
O PP perdeu a maioría absoluta nas eleccións do domingo, abrindo a porta a un goberno de coalición PSdeG-BNG-CxG, que impediría a celebración do espectáculo taurino previsto para este 28 de xuño.
O boicot á reválida triunfa en Primaria cun alto absentismo
O rexeitamento da comunidade educativa á proba imposta pola Lomce provoca que ata o 60% do alumnado chamado a realizala non acudise ás aulas, segundo datos das anpas. A Xunta redúceo a un 20% mentres sindicatos, familias e docentes insisten no "innecesario" e "aberrante" dos exames.
"Se os poderes non cambian de táctica, ao final a marea vainos arrastrar"
ENTREVISTA Jordi Évole recolleu este martes en Ferrol o Premio José Couso. Reclama que os xornalistas se afasten dos poderes e se acheguen á rúa, convertendo as redaccións en "trincheiras" para resistir as presións
España rexeita demandar a Noruega ante o TEDH polos mariñeiros galegos sen pensión
O Goberno central recomenda aos ex mariños que sexan eles os que acudan á xustiza norueguesa e que esgoten todas as vías antes de levar aquel país ante Estrasburgo.
Descende a taxa de risco de pobreza, pero crecen as dificultades para chegar a fin de mes
O 23,8% dos galegos e galegas están en risco de pobreza e exclusión social. Máis de 4 de cada de 10 chegan con dificultade ou moita dificultade a final de mes. Un 14% da poboación non pode manter os seus fogares a unha temperatura axeitada.
O fracasado piloto de avión
María Xosé Queizán
30 nomes
Daniel Beiras
“Se isto non é un proceso político por parte da policía non sei que pode selo”
ENTREVISTA Un 11 de outubro de 2012, ao remate dunha folga estudantil, Jon Sáez foi presuntamente agredido por policías en Ourense. Recentemente foi xulgado e condenado, xunto con outros estudantes, por delitos de desorde pública e atentado.