O exceso de visitas e a falta de control poñen en risco o dolmen de Dombate
Salvemos Cabana pide á Deputación da Coruña que tome "medidas urxentes" e limite o número de visitas para protexer o complexo arqueolóxico, cuxa réplica xa sufriu danos, e que conserva pinturas prehistóricas que son referencia no neolítico do norte peninsular.