Movementos sociais
Acto contra as mortes no Mediterráneo e o "xenocidio migratorio"
Varias entidades organizan este sábado na Coruña unha 'performance' para denunciar as a "hipocrisía da UE e dos diferentes Estados"ante as traxeidas que "están converter o Mediterráneo nunha fosa común"
"O ministro de Xustiza non desistiu de privatizar o rexistro. A paralización é conxuntural"
Os traballadores e traballadoras galegas do Rexistro Civil manifestaranse este xoves en Compostela e continuarán as mobilizacións ata que o Goberno renuncie ao seu proxecto. Falamos con Pablo Nieves, un dos voceiros da Plataforma Galega en Defensa dun rexistro público
"Detrás do feísmo hai sobre todo unha falta de interese por protexer o país"
ENTREVISTA Investigadores da USC veñen de publicar unha Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega, que describe 34 modalidades de agresións á imaxe da contorna. Falamos cun dos seus autores, Pablo Ramil.
As denuncias por violencia de xénero seguen caendo, sobre todo entre as mulleres máis novas
Os casos de mulleres vítimas de violencia machista con orden de protección o medidas cautelares descenderon en Galicia das 1.368 (2011) ás 1.215 (2014). Só se incrementan nas mulleres por riba dos 45 anos.
"Esquecemos que o periodismo é un compromiso, unha alianza cos cidadáns"
O Colexio de Xornalistas publica un manifesto polo Día Mundial da Liberdade de Prensa, redactado por Fernando Varela (InfoLibre). A Federación de Sindicatos de Periodistas chama aos traballadores da comunicación a mobilizarse contra a precariedade no sector e polo dereito á información
Que pasa coa Lei do Voluntariado?
As ONG critican que a norma introducise finalmente unhas disposicións que abren a porta a substituir a traballadores por "man de obra gratis" ou que lles encomenda a tarefa de investigar se os seus colaboradores teñen antecedentes penais
A loita onde debemos atoparnos
Óscar González
A chuvia non impide que milleiros de galegos saian á rúa pedindo "emprego digno"
A CIG alerta de que o "empobrecemento en dereitos e condicións" da clase traballadora "vén para quedar" se non se deteñen as políticas do PP que "conducen á destrución" de postos de traballo. CCOO e UGT denuncia o "expolio do Estado do Benestar" e as Marchas volven reclamar "dignidade".
Os días nos que se quixo parar a I Guerra Mundial dende Ferrol
En abril de 1915 celebrouse na cidade o Congreso Internacional da Paz impulsado por militantes anarquistas co obxectivo de deter o conflito. Non trouxo a paz, pero si serviu para reorganizar a CNT, que fora ilegalizada catro anos antes. O Ateneo Ferrolán acolle dous actos en recordo daquel evento.
A corrupción engorda, a algúns
Suso de Toro
Un Primeiro de Maio pola "dignidade", "contra a pobreza" e por "outra saída da crise"
CIG, CCOO e UGT e o sindicalismo "alternativo", organizado arredor das Marchas da Dignidade, saen á rúa este venres polo Día da Clase Traballadora. Consulte no interior os horarios e a saída das mobilizacións.