Movementos sociais
"As prácticas cooperativas cidadás xeran benestar social"
O 19 e 20 de setembro celebrarase en Vigo o II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás, no que expertos e representantes de entidades de seis países do continente debaterán a situación, problemas e potencialidades deste tipo de proxectos. Falamos con Rita Bouvy, responsable de comunicación.
Os reis inauguran o curso entre protestas polos recortes no ensino público
Felipe VI e Letizia de Borbón son recibidos con berros contra a política educativa do Goberno ou a Lomce no centro Ben-Cho-Sey en Pereiro de Aguiar. Dúas nais aproveitan para entregarlle unha carta coas súas demandas á raíña de España.
Telmo Comesaña: "Non se pode xuntar vítimas e verdugos"
Caballero anunciou que recorrerá a sentenza xudicial que o obriga a derrubar a Cruz do Castro, construída como exaltación ás tropas franquistas. Falamos co presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e repasamos outros símbolos da ditadura que se manteñen en Galicia.
"Como Caballero non ten argumentos, acode á calumnia"
Cumprido xa o prazo dado polo Concello de Vigo para que a Asociación Veciñal de Teis abandone o Centro Cívico, dende a entidade aseguran que non recibiron ningunha nova comunicación. Alertan de que a xestión privada do espazo provocará un maior custe e un peor servizo.
A Xunta defende a súa actuación no Pindo malia a expansión do eucalipto
Medio Ambiente adía o proceso de recuperación para cando atope un proxecto que satisfaga o maior número de xente posible. Mentres, a praga de eucalipto medra e xa non se pode retirar de maneira natural, afectando o carballo anano e a zonas baixas do monte.
A Marea Atlántica segue a subir e apaña apoios nos partidos de esquerda
Varias das organizacións políticas reunidas co movemento cidadán, dispostas a integrarse nel e renunciar á súa propia candidatura na Coruña. Á espera de concretarse o programa, EU, Anova, ecosocialistas ou Equo parecen convencidos dunha decisión que non descartan nin Podemos nin BNG.
A Plataforma polo Dereito ao Aborto mantén a "alerta" até a retirada oficial da contrarreforma
Celebra as novas que indican que o PP aparcará definitivamente a lei, e ve na "mobilización social" e no cálculo electoral posterior dos populares a explicación para a paralización da reforma. Mobilizarase este 28 de setembro en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos.
Partidos e movementos intensifican a oposición ao TTIP
A Comisión Europea rexeitou esta semana unha proposta para realizar unha Iniciativa Cidadá Europea contra este acordo comercial UE-Estados Unidos que ameaza os dereitos sociais e laborais existentes en Europa. Prepáranse mobilizacións para o 11 de outubro.
O Programa de Desenvolvemento Rural, "máis parte do problema que da solución"
Verdegaia presenta as súas alegacións ao documento, presentado pola Consellaría de Medio Rural este verán, e que terá vixencia no período 2014-2020. Pide unha "transformación das prioridades" que "poña o rural no centro"
A Asociación Veciñal de Teis ignora o ultimato do Concello e seguirá no Centro Cívico
A Concellaría de Participación Cidadá de Vigo remitiulle á entidade un escrito no que lle pide que entregue as chaves da súa oficina no edificio, que pasará a ser xestionado por unha empresa privada
Por que a nova lei educativa é um míssil contra os estudantes?
Humberto Morám Fraga