Manzaneda, no camiño de municipalizar o servizo de cociña do CEIP
Os alumnos e alumnas do centro volveron esta mañá a clase despois de seis días de folga. A Xunta ofrece achegarlle ao Concello 2,85 euros por neno e nena (11.500 euros anuais) pola xestión do servizo, dous mil euros menos do que lle paga á empresa de catering concesionaria.