Denuncian a "teima" do Concello da Coruña en manter viva a feira taurina
O Goberno municipal négase a facer pública a identidade da única empresa interesada en organizar as touradas e se cumpre as condicións do concurso. Colectivos antitaurinos cren que a oferta, presentada no último momento, puido ser "fabricada" polo Concello.