"O oso pardo quere volver, que fai a Xunta?"
ADEGA advirte da presenza de exemplares de oso pardo no Courel fóra da área prevista pola Xunta, que segue sen aprobar a revisión do plan de conservación desta especie. "Sen medidas concretas e orzamentos precisos para desactivar posíbeis conflitos, pouco futuro vai ter o oso entre nós", advirte a asociación ecoloxista.