A última "moda absurda" que dana As Catedrais
Á aglomeración de xente e tráfico únese agora o costume dalgúns turistas de facer graffitis, raiar as pedras, escribir o seu nome nas rochas ou deixar croios sobre as covas. O Concello de Ribadeo reitera a necesidade de declarar parque natural a zona para conservala.