Galicia dará conta ante UE e xustiza das facilidades que dá á minería contaminante
A Plataforma pola defensa de Corcoesto denuncia ante Europa o Plan Director da Rede Natura por dar "total liberdade de acción" ás mineiras e Salvemos Cabana ameaza con levar aos tribunais a vixencia da autorización ambiental malia supor unha contradición legal.