Movementos sociais
Alerta no persoal contra incendios polo recorte nas brigadas que prevé a Xunta
Medio Rural anuncia que cada grupo de profesionais deixará de estar composto por sete persoas para ter só cinco. Apropiga teme a perda de case 150 postos de traballo e ve na decisión unha consecuencia das "privatizacións".
As lavandeiras do Espiño
Encarna Otero
Arousa maniféstase polo emprego, mentres as traballadoras de Cuca seguen á espera do apoio da Xunta
A marcha percorrerá as rúas de Vilaxoán dende as oito da tarde. Está apoiada por todos os partidos, mesmo polo PP, que segue sen pronunciarse a nivel galego sobre a obriga de Garavilla de cumprir a sentenza.
"Gallardón é un iluminado que quere mudar a Xustiza sen contar con quen sabe disto"
O secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo, advirte dos "prexuízos" da supresión dos partidos xudiciais que inclúe a reforma impulsada polo Ministerio de Xustiza. "A moitas localdades só lles quedará o centro médico e a algunhas, nin iso", advirte.
"A radio comunitaria veu substituír o servizo público que daban as radios locais"
Este venres comeza na Coruña o Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector. Falamos con Miriam Meda, presidenta da Rede de Medios Comunitarios, sobre a situación destas radios e televisións en España e da súa función social e xornalística
A Coruña tamén agarda polo seu referendo
O goberno local ten ata mediados de maio para decidir se admite a proposta para convocar unha consulta cidadá sobre as touradas. Tres de cada catro coruñeses están en contra das subvencións públicas á feira taurina, inviable sen soporte da administración e con escasa afluencia.
"Os ataques de Feijóo e do PP case fan desaparecer A Mesa"
Carlos Callón abandona a presidencia da asociación tras doce anos e fai balance acusando a actual Xunta de ser "a máis agresiva" coa lingua e pedindo a militantes populares, algúns mesmo afiliados á entidade, que "saian do armario" e defendan o galego en público como o fan en privado.
A veciñanza leva a autovía da Ribeira Sacra á Audiencia Nacional
A plataforma contra o trazado da A-76 aférrase á "última vía xurídica" para tentar frear o proxecto de Fomento. Mentres, dende Quiroga chaman a atención sobre o impacto da infraestrutura no túnel romano de Montefurado.
Unha doenza, non un estigma
Alume, a Asociación lucense de axuda a persoas con enfermidade mental, presenta unha campaña pola saúde mental inclusiva, á que xa se uniron personaxes públicos como Xosé López Orozco, Alfonso Rueda, Susana López Abella ou o actor Gabino Diego
Continúan as críticas a Teresa Baró pola súa defensa da submisión
Emilia Arias, de Pikara Magazine, cualifica en El Diario de "perigosas" e de "viaxe de volta a Atapuerca" as afirmacións da experta en comunicación que esta semana comezou a impartir un curso de linguaxe non verbal para os e as traballadoras da TVG.
A Xunta confirma a vixencia da DIA e mantén a porta aberta á mina en Corcoesto
Confirma oficialmente que a autorización ambiental segue vixente ata 2017 malia que o proxecto foi cancelado. Contradí o criterio do Valedor e coincide co da empresa e do Concello de Cabana, que din buscar socios para relanzar a explotación.