A veciñanza leva a autovía da Ribeira Sacra á Audiencia Nacional
A plataforma contra o trazado da A-76 aférrase á "última vía xurídica" para tentar frear o proxecto de Fomento. Mentres, dende Quiroga chaman a atención sobre o impacto da infraestrutura no túnel romano de Montefurado.