BNG e EU únense na Coruña contra a taxa de decomisos, "un imposto á pobreza"
As dúas formacións ofreceron unha rolda de prensa conxunta para denunciar a medida adoptada polo Concello, que cobrará entre 30 e 100 euros por devolver as mercadorías de venta ambulante decomisadas pola policía. Veciños da Agra do Orzán recollerán alegacións esta tarde na rúa Barcelona.