O desaloxo de Elisabeth podería producirse a finais de novembro
Stop Desafiuzamentos denuncia que as únicas alternativas que o Concello da Coruña lles ofrece ás persoas na mesma situación de Elisabeth Sanlés, ameazadas de lanzamento e sen recursos, é "a beneficencia" e as casas de acollida, onde sería separada dos seus fillos.