"Non hai vontade de protexer as vítimas de violencia de xénero nin os seus fillos"
Gloria Vázquez preside a asociación Ve-la Luz e foi unha das mulleres que se mantivo un mes en folga de fame para reclamar unha "protección real" das maltratadas e dos seus pequenos. Agora fai balance entre críticas aos partidos e ao "silenciamento" das súas reivindicacións.