A Xunta ordena paralizar o proxecto civil para recuperar o Monte Pindo
O Goberno galego ameaza con sancións aos impulsores dunha iniciativa solidaria para traballar no bosque arrasado polo lume e creada ante o "desleixo" das administracións.
O Goberno galego ameaza con sancións aos impulsores dunha iniciativa solidaria para traballar no bosque arrasado polo lume e creada ante o "desleixo" das administracións.
Mariló Candedo coordina a obra colectiva na que unha decena de autores reflexionan e ofrecen "datos e argumentos" fronte ao "desmantelamento do servizo público de educación". Ofrecémosvos un adianto do primeiro capítulo e outro máis íntegro para descargardes.
A entidade organiza este sábado unha gala para recadar fondos, na que participarán Agustín Fernández Paz, Os D’Abaixo, Odaiko, Cis Frambá e o espectáculo A miña primeira Rosalía (Mª Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra). Destacan que "Queremos seguir mantendo unha voz diferente, profesionalizada, a favor da educación pública”
A Axencia Tributaria confirma que seguirá coa campaña sancionadora ao considerar defraudadores aos 250.000 galegos multados polas pensións do estranxeiro, que agora recorrerán á Xustiza. O Goberno central desoe a reclamación unánime do Parlamento galego.
A Xunta de Persoal do CHUAC alerta de que o novo modelo abre a porta á privatización, aínda que o SERGAS se comprometeu a non facelo. Sanidade quere crear tres destas entidades en cada área sanitaria; na Coruña serían en Psiquiatría, Cardioloxía e o Centro de Saúde de Sada.
Lorenzo López, fundador da cadea de electrodomésticos, recibe o premio 'Abertos ao galego' pola súa aposta polo idioma propio e logo de reabrir unha empresa que antes vendera a unha multinacional que decidira liquidala.
Tres empresas enerxéticas (ENDESA, Gas Natural Fenosa e Repsol), unha cementeira (Cosmos) e dúas químicas e de transformación de metais (Alcoa e Ferroatlántica) lanzaron á atmosfera 63 dos 118 millóns de toneladas emitidas desde o noso país entre 2007 e 2011.
Falamos con María Ferreira Santos, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, que advirte das dificultades da posta en marcha da moi demandade Lei de Titularidade Compartida, que en Galicia só rexistrou dúas solicitudes, una ano e medio despois da súa entrada en vigor.
Un estudo da Delegación do Goberno para a violencia de xénero alerta do incremento da tendencia a xustificar as agresións e a submisión da muller no seo da familia. Case o 10% dos mozos coidan que "se unha muller é maltratada" e non "abandona" o maltratador "será porque non a disgusta de todo esa situación".
A acción de asociacións protectoras e en defensa dos dereitos animais, con escasos recursos e un gran voluntarismo, así coma a dos refuxios municipais, palía en parte esta traxedia, pero resulta insuficiente ante a súa magnitude. Falamos coas protectoras Arco da Vella, Abeiro e Gato Pirata.