Galicia e Cabo Verde enténdense como irmás
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comeza este luns as xornadas de irmandade co pobo caboverdiano, que repasará os proxectos desenvolvidos no país africano grazas á colaboración de entidades locais galegas e servirá de foro de intercambio de experiencias entre os dous países.